domingo, 7 de noviembre de 2010

CREAR UN BLOG (PRÁCTICAS NÚMERO 21, 22, 23, 24 e 25)

Práctica número 21.-
 Crear un blog con BLOGGER e mandar a url do teu blog de TICs ao correo electrónico do profesor.

Práctica número 22.-
Crear unha primeira anotación no teu blog na que tes que engadir as informacións que se detallan:
-Título: Práctica número 22 de Tics
-Texto:Estou creando a primeira anotación no meu blog de TIC. O noso blog de aula pode visitarse aquí.
-Etiquetas:tic, práctica
-Imaxe: Inclúe unha imaxe sobre TICs
-Ligazón:Crea unha ligazón ao blog do profesor de  TIC na palabra que está subliñada.

Práctica número 23.-
 Crear unha segunda anotación no teu blog na que se debe engadir un mapa de google.maps no que se poda ver o camiño entre o IES García Barbón e o teu domicilio -para os que viven en Verín,sen especificar o número da rúa.-

Práctica número 24
Redactar unha terceira anotación na que se defina que é YOUTUBE e se engada un vídeo sobre a web 2.0


Práctica número 25.-
Creamos a anotación número catro na que realizamos unha definición de blog e engadimos unha presentación - de slideshare.net- sobre "os blogs educativos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario