jueves, 17 de febrero de 2011

IV EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS ESCOLARES "BARBÓN BLOG"

1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.

- Poden participar todos os alumnos/as da asignatura de TIC do IES García Barbón.
- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.
- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.
- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.
- Os blogs poden ser individuais ou de dúas persoas.

2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.

- Contidos e estructura xeral do blogs.
- Frecuencia das anotación e comentarios.
- Ligazóns recomendadas.
- Deseño e orixinalidade.
Cada alumno e alumna valorará un blog en base aos criterios establecidos.
  
3.- Procedemento de participación.

Entre o día 18 de FEBREIRO e o 13 de MAIO de 2010 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.

Para presentar un blog ao Premio hai que mandar un correo electrónico a: douspuntocero@gmail.com
no que se detallen as informacións que se anotan:

Nome e apelidos do autor/a
Nome do blog
URL do blog
Comentario breve sobre o blog que se presenta


4.- Publicación de propostas de blogs e premios.

Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:


O día 23 de maio de 2011 publicaremos no Blog os nomes das persoas e os blogs premiados.

A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do IES García Barbón a finais do mes de maio de 2010



PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO
UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL
SEGUNDO PREMIO
UN MP4
TERCEIRO PREMIO
UN PEN DRIVE DE 4GB

 UN PREMIO PARA O TEU BLOG



No hay comentarios:

Publicar un comentario